lunes, 2 de marzo de 2015

Conexións remotas a Raspberry Pi


Usar a Raspberry Pi sen teclado e pantalla


Conectarse mediante SSH


Para traballar coa Raspberry Pi, como en calquera outro equipo, se pode acceder remotamente a ela. No caso da Raspberry, non é necesario tela conectada nunha lan, con portos abertos redireccionados, co firewall aberto ou conectado nunha DMZ. Xa que co seu pequeno tamaño se pode levar no peto e conectala o noso ordenador a través do porto ethernet ou con algo de hardware a través do USB.  Tamén é posible conectala ao conmutador da nosa lan.

 Se pode usar a Raspberry Pi sin conectala en unha pantalla e teclado, para executar un programa ou script. Isto é posible usando "Putty" en windows ou a consola de linux, por medio de SSH para acceder al terminal da Raspberry PI.

SSH (Secure Shell) é un protocolo de rede usado para transferir datos nun sentido e outro, para executar comandos remotamente en outra máquina, a través da rede utilizando un enlace serie.

Independentemente da conexión usada (seleccionada coa IP ou porto serie), Putty ou un programa similar pode usase para conectarse a Raspberry Pi e executar a maioría dos programas que normalmente se poden executar co terminal.

Para activar (ou desactivar) o servidor SSH pódese acceder o programa de configuración da Raspberry (tecleando na consola "
sudo raspi-config”) e seleccionar SSH no menú (pode estar activada nalgunhas distros por defecto).

Entón se pode introducir a dirección Ip da túa Raspberry Pi (si te conectas a través da rede), o cal ti podes coñecer tecleando
hostname -I”.

Unha vez configurado o servidor de SSH, e previamente configurada a rede se pode acceder mediante unha consola do equipo que utilicemos como cliente (ou putty en windows) da seguinte forma:


 manuel@portatil:~$ ssh ken@10.0.5.150
 
O que abrira unha sesión remota na Raspberry que nos permitirá teclear comandos como si estiveramos fisicamente trallando con ela. Este enlace resume o proceso para conectarse por medio da rede da rede. http://learn.adafruit.com/adafruits-raspberry-pi-lesson-6-using-ssh

 

Unha alternativa: Escritorio Remoto


Outra alternativa para aplicacións que precisan usar o interface gráfico e conectarse mediante un escritorio remoto. Para iso unha alternativa é usar VNC.

VNC é un sistema de acceso a un escritorio remoto que permite o control del interface do escritorio de un ordenador en outro. VNC transmite os eventos do teclado e rato o controlador e recibe actualización da pantalla a través da rede do equipo remoto.

Isto permite ver o escritorio da Rasberry Pi dentro dunha fiestra no noso computador. Permitindo o control como se ti estiveras traballando sobre a mesma Raspberry Pi. 


Para instalar o servidor VNC (neste caso instalaremos TightVNC) hai abrir un terminal e teclear: 

sudo apt-get install tightvncserve
 
A continuación executamos o servidor TightVNC o cal nos pedira introducir un contrasinal e un contrasinal para so lectura opcional.


tightvncserver

Arrincamos o servidor VNC dende o terminal. Por exemplo, arrincamos unha sesión sobre o VNC no dispositivo 0 con resolución en alta definición:

 

vncserver :0 -geometry 1920x1080 -depth 24

Despois, sobre o noso ordenador instalamos  e executamos o cliente VNC:
  •  Sobre unha máquina linux instalamos o paquete xtightvncviewer: sudo apt-get install xtightvncviewer 
  • En calquera outro caso, TightVNC se pode descargar dende tightvnc.com
 Finalmente xa estamos en disposición de conectarnos a Raspberry Pi a través do noso cliente por medio do  VNC.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario