martes, 4 de marzo de 2014

Galiñeiro Móbil

Como nos agasallaron cunhas galiñas de Mos, construín un galiñeiro móbil. O galiñeiro está pensado para 5-6 galiñas.

A verdade que o plan non era quedarse coas galiñas, llas ofrecín a miña nai,  a nosa provedora de ovos. Pero como os maiores non teñen paciencia, mentres o avicultor (Ricardo) as criou, ela xa mercou galiñas para substituír as súas.  Polo que cando Ricardo nos deu as galiñas non nos quedou máis remedio que deseñalo e construilo.

Utilizamos a rede para buscar modelos para poder deseñar o noso galiñeiro. Hai un monte de propostas distintas, pero eu me inspirei nos seguintes enlaces. Neste primeiro enlace, gustoume como resolveu o corral, e me pareceu boa proposta o das portas que lle deixou na parte superior. No foro tamén comenta o exceso de peso do conxunto, que e inevitable o utilizar madeira maciza e tegola canadense no tellado. Como se comenta no foro, hai que ter un detalle en conta que os niños o estar no dormitorio se ensucian o defecar as galiñas dentro.

Deste segundo modelo, no que se inspirou o autor do anterior galiñeiro, collín o modelo de tela metálica, introducida nunha canle feita na propia madeira. Queda moi ben, pero é bastante difícil de montar o ter que meter a tela no momento de colar os travesas, o cal levou o seu tempo.


A maior diferenza con respecto os anteriores modelos foi a elevación do dormitorio, para poder ter un espazo seco onde poder poñer o comedeiro, similar o proposto neste outro modelo. O certo é que neste modelo hai mais ideas interesantes para implementar, como a automatización do desprazamento, o pastor eléctrico antialimañas, o bebedeiro, comedeiro. Pero o deixaremos para unha segunda fase.

Para facilitar a mobilidade, instaleille unhas rodas, dos rodíns das bicicletas. Axuda a movelo en superficies duras, pero o movelo sobre terra afunden polo peso. Polo que é necesario cambialas por outras rodas con máis superficie de contacto sobre a superficie.

O custe do galiñeiro está sobre uns 100 € en materiais. En madeira gastei 35 €, tendo en conta que reciclei dúas caixas de embalaxe de pezas de automoción e algúns recortes que tiña por casa. A madeira é de piñeiro tratada en autoclave de 40X30 mm. O máis caro foi a tela metálica, sobre uns 40 € (seguro que é posible mercala a mellor prezo). A tellado o cubrín cunhas pranchas, que normalmente se poñen embaixo do tellado que custaron 25 €. Non conto colas, parafusos, etc, o ser a parte do proxecto menos custosa.