lunes, 30 de marzo de 2015

Como facer un forno de barro

Construindo un forno de arxila


Despois de facer un curso de biocostrucción sobre barro nas corcedizas e que nos deran unha pedra de esquina que utilicei como base, plantexeime construir un forno como primeira experiencia coa arxila.

O certo que o curso non tiña moito que ver coa construcción do forno, pero a pedra, que en principio estaba pensada para utilizar como barbacoa, inspiroume a posibilidade de construir sobre ela o forno. Despois só quedaba internetear un pouco e encontrei este enlace: http://blogdelaelena.blogspot.com.es/2013/02/como-hacer-un-horno-de-barro-casero.html

O problema foi que coa información que nese blogue se daba, avalanceime inconscientemente a construir o forno. Esto levoume a un erro desastroso nas proporcións area-arxila, confundido a proporción para unha construcción dunha casa a da do interior do forno. No caso do núcleo do forno ten unha proporción 3 a 1 area-arxila, e dicir, a area é a que soporta o choque térmico e acumula a enerxía e a arxila é o ligante. Ata dúas veces repetín a construcción ata que me dín conta do erro.



Pero buscando buscando encontrei pistas de como facer as mezclas e como teñen que quedar as masas para a correcta construcción. A continuación deixo uns enlaces onde se pode apreciar o proceso de construcción e o resultado:

https://www.youtube.com/watch?v=182WKOiZcno
https://www.youtube.com/watch?v=qnMkHCDqk1I
https://www.youtube.com/watch?v=ZNyHYvVFuTU
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=prz7275UzRs
https://www.youtube.com/watch?v=2YdW8JFhjLk

Agora só queda fornear!

No hay comentarios:

Publicar un comentario