viernes, 26 de abril de 2013

Xustifiquemonos primeiro

Por que Barbies, e por que furancheiras.

O das Barbies non é por que me gusten, a min paréceme una loira, anoréxica, nórdica. Tampouco e que sexa un depravado sexual e me faga gracia xogar con elas, aínda que me divertín moito facendo a foto da portada do caderno de bitácora.

A verdade e que me parecen unha aberración, sendo un canon de beleza que evito como referente das miñas nenas (que por certo son as donas das amigas da portada). Por moito que intentes non telas, mercando outro tipo de bonecas (non hai moitas alternativas), sempre hai alguén que ten o detalle de agasallarlle algunha.

Sendo xustos é certo que Barbies hai moitas, pero aquí so se vende case só dun modelo ou tipo, delgada e loira. As alternativas son para outros mercados é como mostra deixo este enlace onde unha amiga mostra parte da súa colección de bonecas negras, algunhas realmente impresionantes.

Os furanchos si me gustan. Non é que o seu viño sexa algo como para despertar o máis profundo dos sentidos, nalgúns casos o resultado e meritorio, en moitos un perfora estomagos. O que me gusta deles é a hostalería amateur, o camareiro aficionado, a cociña caseira (de verdade), o aire vintage e o agradable trato dos seus donos. 

Tamén me parece importante a aportación que teñen o coidado da paixaxe e a cultura do viño tradicional, a de toda a vida. E non me refiro a moderna visión do viño e dos colleiteiros, narcos, deseñadores de moda, directores de cine, etc senon persoas que como o meu pai, meu avó fixeron o seu viño toda a vida. A cultura do viño de taza frente a do viño de copa.

Cal é o nexo de unión entre Barbies e furanchos. Un dia en casa estaban as miñas nenas xogando coas bonecas. Case sempre é un complexo e intenso xogo, onde cada boneca cumpre un papel familiar, hai unha situación prantexada e a fantasía misturase coa realidade máis cércana. E ese dia as Barbies, esas chicas da modernidade, sempre incribles, con profesións de exito, mozos perfectos, ían de furancho,  viño ácido, hule sobre a mesa, panos de papel e chan de cemento.

Pareceume unha metáfora perfecta do que tempo que me tocou vivir. No mundo das novas tecnoloxías, economias de mercado, da eterna xuventude frente o mundo de onde veñen as miñas referencias culturais a dependencia da terra, a cultura agricola o mundo rural.

Por iso o título do caderno de bitácora.


No hay comentarios:

Publicar un comentario